Menu
PRINCIPAL
  • EMPRESASNovas sobre empresas TIC
      • Nexos 25 impulsa dous proxectos para responder á demanda de tecnoloxías avanzadas de mapeo e intelixencia (...)

        O programa Nexos 25 atende a crecente demanda de tecnoloxías avanzadas de mapeo, intelixencia (...)

        Vitae organiza en xuño unha nova xornada gratuíta sobre as utilidades da IA Xenerativa no software

      • Vitae achega en verán a 5ª edición do seu curso sobre IA Xenerativa para a selección de perfís (...)

        En xuño volve o curso de Vitae centrado na programación de aplicacións profesionais con IA

        Vitae mostra aos propietarios de produto como usar a IA para aumentar en axilidade

  • SubscríbeteAs nosas novas por e-mail
    • Subscríbete ao noso boletín

      En móbiles e tabletas

      Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.

      Redes sociais

             

  • Edición ImpresaA nosa revista en papel
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Recursos de busca

Artigos desta sección

Os aspirantes á candidatura presidencial demócrata nos EE.UU. participaron nun debate televisado con preguntas feitas a través de YouTube

A mediados de xuño xa informamos de que YouTube e a CNN se aliaban para dar cobertura ó debates dos aspirantes a ser candidatos ás eleccións presidenciais norteamericanas, e este luns xa foi o primeiro destes encontros televisivos apoiados na Internet, de xeito que 8 aspirantes demócratas puideron responder a preguntas entre as que se encontraban vídeos de (...)

Ler máis

GZNación renova a súa páxina web

Coa chegada do verán a publicación GZNación acolleu a un novo director, o doutor en Xornalismo Marcos S. Pérez, coñecido polas súas colaboracións noutros medios dixitais e, especialmente, polo seu blog Zerovacas. Este cambio de dirección foi só o adianto dos moitos cambios que agardan a esta web que quere mellorar a súa usabilidade, así como a variedade e (...)

Ler máis

Un episodio de South Park con referenzas ó mundo dos videoxogos é candidato ós premios Emmy

A serie de televisión Sout Park non só é coñecida pola súa irreverencia, senón tamén polo curioso xeito de ver e criticar algúns avances tecnolóxicos como as consolas PSP e Wii, que formaron parte esencial nalgúns episodios das últimas tempadas da serie. Así, cando saíu a PSP de Sony argumentaban que a consola era un sistema de proba para detectar ó xogador máis (...)

Ler máis

Panda di adeus ó oso do seu logotipo

Panda Software cambiará nos vindeiros días a súa imaxe comercial e o seu nome, pasando a chamarse Panda Security e abandonando o seu tradicional oso panda do seu logotipo. Esta nova estratexia comercial corresponde ó feito de que a empresa xa non se dedica ó software en exclusiva, senón que tamén vende material hardware, polo que prefiren centrar a súa mensaxe (...)

Ler máis

Novidades en Agalega.info: RSS activo e 10.000 vídeos pendurados

A páxina web dos informativos da Galega, que hai menos dun mes sorprendeunos pola súa utilidade tanto para xornalistas como para o público en xeral (ó permitir consultas dos últimos informativos da dita cadea ou a exploración dos contidos por categorías, tanto temáticas como xeográficas), vén de acadar a cifra de 10.000 vídeos pendurados, pertencentes ós (...)

Ler máis

A moda urbana xa ten un videoblog de seu

Aínda que na Rede xa existen varios blogs dedicados ó mundo da moda, o vídeo era un formato que se resistía a chegar ó mercado español, o que vén a cambiar co nacemento de Tendencias.tv, que é un videoblog dedicado ás tendencias de moda urbana que xa conta con varios vídeos cunha calidade de imaxe aceptable (aínda que demasiado comprimida), unhas montaxes (...)

Ler máis

Partyfoz 2007: catro xornadas de Rede na Mariña

O Grupo Asociado pola Libre Información e a Tecnoloxía (Galite) organiza entre 16 e o 19 de agosto unha nova edición da Partyfoz, o encontro informático para a mocidade das terras da Mariña, aberto a “todos aqueles seareiros da informática e da tecnoloxía que queiran pasar catro días de lecer dixital, divertimento e aprendizaxe”, en termos dos propios (...)

Ler máis

Unha curta galega gravada en HDV permite a súa descarga íntegra

Oficina Interior Día estréase na Rede como a auto-denomeada primeira curta galega gravada en HDV (afirmación sumamente dubidosa, posto que tal forma xa leva tempo empregándose) pero a obra escrita e dirixida por Manuel Tarrío Cao e coa interpretación de Fran Godón, Fran Núnez e Nana, destaca por publicarse na web, tanto mediante un visor que permite vela de (...)

Ler máis

Achegan a prensa mundial ó iPhone

A comercialización do iPhone nos EE.UU. xunto con plans de datos de telefonía móbil (que mesmo permiten a navegación sen límites) está a dar lugar a novos negocios, xa que os contidos que antes se limitaban ó PC poden voar agora ata o móbil de xeito atractivo (e non limitado por unha pantalla de reducidísimo tamaño) como o novo servizo de NewspaperDirect, que (...)

Ler máis

PeerTV: unha aplicación para ver e gravar WebTV

A fusión do reprodutor multimedia Mplayer e o sistema de emisión de audio e vídeo mediante tecnoloxía P2P Peercast deu lugar á aplicación informática PeerTV, que permite a recepción de centos de canles de televisión en liña a través da Internet. Esta plataforma permite así que as empresas que non poidan pagar unha plataforma de streaming pola Internet distribúan o (...)

Ler máis

0 | ... | 47510 | 47520 | 47530 | 47540 | 47550 | 47560 | 47570 | 47580 | 47590 | ... | 48940

Dinahosting hospeda este espazo web






Revista en PDF:

Descárgaa xa







AMTEGA
· Metaversos. Enfoque opensource - GaiásTech
· O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a ampliación do prazo para solicitar os bonos dixitais ata o 15 de decembro
· A Xunta destaca a importancia da concienciación dixital para crear un territorio conectado e seguro

Axencia Galega de Innovacion

O Portal da Lingua Galega







Código Cero

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

CONTACTO

  • Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
    Rúa das Hedras 4 1 M
    (Pol. Novo Milladoiro)
    15895 Ames - Milladoiro
  • 981 53 02 68
  • redaccion@codigocero.com

Premios

             

© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade