Artigos desta sección
Sony podería estar interesada na creación dunha feira de videoxogos en España
A participación de Sony na feira de videoxogos E3 este ano foi algo limitada, polo que James Armstrong, conselleiro delegado da división de videoxogos da compañía para o sur de Europa afirmou que están interesados na creación dunha feira de videoxogos en Europa, apostando el persoalmente porque a súa sede sexa en España (en Madrid ou Barcelona). Armstrong (...)
Ler máisLondres con Wi-Fi de balde nas beiras do río Támesis
Un acordo entre free-hotspot.com e MeshHopper permitirá que os londinienses e turistas que estean á beira do río Támesis poidan conectarse á Rede mediante Wi-Fi de balde, financiándose o servizo cun anuncio que aparecerá na pantalla do usuario entre 15 e 30 segundos por cada cuarto de hora de conexión. Os usuarios que queiran prescindir da publicidade poderán (...)
Ler máisO Instituto Cervantes xa se pode visitar en Second Life
Moitas empresas do mundo físico como a axencia de novas Reuters ou a galega Inditex dan o salto ó mundo virtual de Second Life como un xeito máis de chegar ó seu público, e agora é o Instituto Cervantes o que fai o propio, contando cunha illa neste sistema tridimensional na que se recreou o emblemático edificio da calle Alcalá de Madrid e albergando salas de (...)
Ler máisUn estudo determinará os servizos a implantar no Casco Histórico compostelán mediante WiMAX
O Goberno municipal de Santiago de Compostela iniciou a contratación dunha asistencia técnica para realización dun Estudo de implantación de servizos baseados na utilización dunha rede WiMAX no Casto Histórico da cidade por procedemento negociado sen publicidade, establecendo un tipo de licitación de 30.000 euros. Tamén acordaron solicitar ó Consorcio a súa (...)
Ler máisEspaña é o segundo país coa banda larga máis cara da OCDE
A OCDE publicou o seu informe anual sobre o estado das telecomunicacións, destacando o crecemento da banda larga como sistema de comunicación á Rede con xa o 60% dos usuarios (dentro dos países membros do organismo). Tamén destacaron que nos países onde a fibra óptica entra en xogo as velocidades de acceso son mellores e máis baratas, destacando que no Xapón (...)
Ler máisIntel entra na xunta directiva do proxecto OLPC
O proxecto de Negroponte para crear ordenadores portátiles económicos para nenos de países en vías de desenvolvemento, OLPC, estaba a bater contra un duro competidor, Intel, que co seu Classmate PC se dirixía ó mesmo mercado, podendo crear unha situación de competencia insostible (a xuízo de Negroponte, que non de Intel). Pero o fabricante de procesadores (...)
Ler máisTodoscontraelcanon entrega ó Ministerio de Cultura 1,34 millóns de sinaturas contra o canon dixital
A plataforma Todoscontraelcanon entregou no Ministerio de Cultura por mediación de 8 dos seus membros pertencentes a distintas asociacións que a integran un total de 1.339.724 sinaturas recollidas contra o chamado canon dixital. A plataforma confía en que o novo ministro, César Antonio Molina, sexa “máis sensible ós requirimentos dos consumidores, as empresas (...)
Ler máisUn novo proxecto convida ós internautas a axudar a catalogar galaxias
Os amantes á astronomía poden colaborar a través da Internet na elaboración dun censo de millóns de galaxias organizado por científicos das universidades británicas de Oxford e Portsmouth e da norteamericana Johns Hopkins. O sistema bautizado coma Galaxy Zoo amosa imaxes captadas polo telescopio Sloan Digital Sky Survey cunha resolución de 142 Mpíxeles de (...)
Ler máisRock sinfónico e software libre a esgalla para abrir a nova edición da Campus Party
En cuestión de encontros vinculados ó manexo dun ordenador falar dunha xuntanza con once anos de “vida” é probablemente falar dunha experiencia máis que consagrada. Neste senso, a Campus Party en España ben podería ás reunións informáticas o que o Festival de Donostia é o cinema, o de Araba é o jazz ou os Sanfermíns ó maltrato animal. Ademais, contando coa vantaxe (...)
Ler máisA Policía Nacional incauta 48 millóns de imaxes de pornografía infantil na operación Penalty
A Policía Nacional incautou 48 millóns de imaxes e vídeos de pornografía infantil que circulaban pola Rede nunha operación desenvolvida nas últimas semanas nas que se imputou a 66 persoas. A operación Penalty iniciouse no pasado mes de setembro, e contou coa colaboración de preto de 50 xulgados e 300 axentes, levándose a cabo en 40 provincias nas que se (...)
Ler máis0 | ... | 47570 | 47580 | 47590 | 47600 | 47610 | 47620 | 47630 | 47640 | 47650 | ... | 48930
