Artigos desta sección
O BBC iPlayer permite descargar os contidos da canle británica dos últimos 7 días
Hoxe a BBC sube ó tren da revolución do vídeo na Internet co lanzamento do BBC iPlayer, que é unha aplicación informática que permite a descarga dos programas da canle televisiva británica dos últimos sete días (que se poderán ver ata 30 días despois da súa descarga e se borrarán automaticamente trala súa visualización), o que resulta ideal para recuperar as (...)
Ler máisNintendo mellora os seus resultados económicos grazas ás súas consolas de videoxogos
Nunhas datas nas que as grandes empresas están a publicar os seus resultados económicos coñecemos que a nipona Nintendo acadou un beneficio neto de 80.251 millóns de iens (484,5 millóns de euros) no primeiro trimestre do seu exercicio fiscal (de abril a xuño) polo que quintuplicaría os resultados do mesmo período de 2006, grazas especialmente ó éxito da (...)
Ler máisPechan Todotorrente.com e deteñen ós seus responsables
A Policía arrestou a 3 administradores de varias webs que ofrecían películas cinematográficas para a súa descarga o mesmo día da súa estrea, o que lles permitiu achegar ingresos de máis de 30.000 euros, causando uns prexuízos ós titulares dos dereitos de explotación audiovisual valorados en 535.000 euros. A investigación comezou en agosto de 2006 cunha denunciar (...)
Ler máisO Goberno contabilizou este mes de xullo máis de 600.000 dominios .es
Chega novo reconto de dominios .es. Segundo as cifras que achega o Ministerio de Industria, acadáronse estes días os 630.914 rexistros, o que significa unha subida do 21% con respecto ós números de xaneiro deste mesmo ano e de case un 50% en relación co primeiro semestre de 2006. Porén, o Goberno vai un pouco máis lonxe aínda no labor de reconto, (...)
Ler máisMicrosoft xestionará a publicidade en Digg
O sistema de publicación non xerárquico Digg (que inspiraría a creación de Menéame e Chuza) vén de dar un xiro moi importante na súa estratexia publicitaria, xa que abandona Google coma colaborador neste eido para deixar que Microsoft se encargue dos anuncios comerciais na popular web. O acordo entre Digg e Microsoft abarca un período de 3 anos, e supón unha (...)
Ler máisThesimpsonsmovie.com pasará a mans da Fox
Esta semana se estrea nos cines de todo o mundo a película protagonizada pola familia de animación máis coñecida, os Simpson, e nestes días xa destacamos que a súa web permite a creación de avatares coa aparencia de habitantes de Springfield, pero resultaba curioso que unha película promocionada coma The Simpsons Movie prescindise do seu artigo no dominio (...)
Ler máisUn portal ofrece instrucións para craquear contas e descargar múltiples virus
Por momentos podería parecer que dentro do eido da informática só existen dúas categorías de cibernautas: na primeira clase social están aqueles que realmente controlan o que acontece nos seus ordenadores, redes, e periféricos -é dicir, os informáticos-, e no segundo estamento aqueles de nós que dentro do espellismo do universo “Windows” cremos que todo está (...)
Ler máisSecondRotation.com compra produtos electrónicos para revendelos a través da Internet
A venda de produtos electrónicos de segunda man a través da Internet é algo moi habitual, pero precisa estar pendente de poxas e distintos trámites que poden resultar pouco seguros e moi traballosos para os interesados en desfacerse dos seus chismes vellos, polo que nos EE.UU. lanzaron unha curiosa web que se dedica a mercar dispositivos electrónicos dun (...)
Ler máisO CLAG informa da posta en marcha dunha marca audiovisual galega para principios de 2008
A marca galega será o altofalante do noso audiovisual. Un intanxible que teña peso, se isto é posible, polo que posúe de factor determinante para a industria da nosa terra, de valor decisivo no mercado. A posta en marcha desta marca é precisamente a razón de ser do proxecto que o Clúster Audiovisual Galego (CLAG) desenvolverá no primeiro trimestre de (...)
Ler máisYollamogratis.com.ar: novo servizo para realizar chamadas de balde ó estranxeiro
Aínda lembro cando, sendo eu unha nena, tiña que desprazarme con miña nai até o teléfono público máis próximo, situado a máis de tres quilómetros, para falar coa nosa familia de Arxentina. Moito cambiou o conto dende entón; non só tódolos fogares da vila teñen teléfono fixo, senón que cada un dos veciños posúe un teléfono móbil ó que recorren mesmo para chamar ó veciño (...)
Ler máis0 | ... | 47490 | 47500 | 47510 | 47520 | 47530 | 47540 | 47550 | 47560 | 47570 | ... | 48940
