Novagalicia acadou o millón de clientes por Internet

luns, 11 de novembro do 2013 Redacción

Novagalicia Banco informou este luns que no mes de setembro que deixamos atrás foi quen de superar o millón de clientes que operan co banco a través de Internet. De media, subliñou a entidade financeira galega, “arredor de 400.000 destes usuarios utilizan a banca pola Rede polo menos unha vez ao mes”. Asemade, incide, no último ano o número de clientes de Novagalicia Banco que dispoñen de banca electrónica para realizar operacións coa entidade a través de internet medrou un 12%.
Por outra banda, nos meses anteriores (entre xaneiro e setembro), Novagalicia Banco rexistrou máis de 84 millóns de operacións, entre consultas de movementos ou transferencias (amais doutras operacións), realizados por particulares e empresas a través da banca por Internet da entidade galega. E engade: “O importe de movementos de fondos ao ano por esta canle supera os 20.000 millóns de euros”.

PUBLICIDADE