Nova versión de Windows Live Writer

xoves, 5 de xuño do 2008 Marcus Fernández

Aplicar efectos ás imaxes é doado nesta aplicación gratuíta

A aplicación Windows Live Writer, que fai máis doada a publicación de entradas en blogs dende o escritorio do ordenador, renóvase para engadir moitas funcións de utilidade para os blogueiros, como a subida de vídeos a Soapbox (o YouTube de Microsoft), recortar e xirar imaxes, incorporar máis estilos de borde, permitir o centrado de imaxes, soportar varios sistemas de visualización de imaxes coma LightBox, incorporar comiñas intelixentes, contar as palabras das anotacións (algo moi importante para os xornalistas), pestanas para cambiar a forma de vista, mellor control de categorías e retocar a súa barra de ferramentas.
Aínda que esta aplicación de balde estea pensada para o seu uso nos MSN Spaces, o certo é que funciona perfectamente con outros servizos de publicación coma Blogger, LiveJournal ou WordPress, de xeito que é apto para case calquera blogueiro que desexe publicar dun xeito moi sinxelo.

Vídeo explicativo desta ferramenta de publicación

PUBLICIDADE