Nova versión de Songbird, o iTunes libre

luns, 16 de xuño do 2008 Marcus Fernández

Os usuarios que gusten da comodidade de iTunes para xestionar a súa música, pero que non conten cun iPod poden optar por empregar Songbird, unha aplicación baseada no motor de Firefox e totalmente de código aberto, que amosa unha interface semellante á da aplicación de Apple, e que vén de estrear versión 0.6.
O Songbird funciona coma reprodutor multimedia, e incluso presenta as carátulas dos álbums mediante un clon de Coverflow, podendo sincronizar a nosa biblioteca multimedia con moitos iPod e, especialmente con distintos reprodutores de Creative, Motorola, Samsung, Meizu, Sansa, Nokia, Sony Ericsson e outros.
Amais, a aplicación tamén soporta SHOUTcast, para acceder a certos contidos emitidos pola Internet mediante streaming.

PUBLICIDADE