Nova guía da programación televisiva para Android

luns, 14 de marzo do 2011 Marcus Fernández

Para estar ao tanto da programación televisiva en terminais con Android 1.6 ou superior InOutTV vén de estrear a aplicación SincroGuíaTV, que podemos descargar de balde do Android Market, e que ofrece a mellor guía da televisión no mercado con máis de 130 canles (entre as que non faltan as autonómicas), que permite a creación de listaxes de canles personalizadas, ofrece información detallada dos programas, inclúe unha selección do máis destacado do día e, no caso de contar no fogar con algún dispositivo de gravación compatible coa tecnoloxía de InOutTV, poderemos programar as gravacións de xeito remoto.
Esta ferramenta xa leva 3 meses dispoñible para iPhone e iPod Touch, tamén nunha aplicación de balde que podemos atopar na App Store, que é máis completa, permitindo, entre outras funcións, a consulta da grella televisiva completa en vez de canle a canle.

PUBLICIDADE