Nova edición de Navega con rumbo
luns, 24 de xaneiro do 2022
O Colexio Profesional de EnxeñarÃa en Informática de Galicia
(CPEIG) e a ConsellerÃa de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de
Galicia asinan un convenio de
colaboración para a realización de actividades de difusión e formación do
programa Navega con rumbo, destinado á promoción do uso responsable
das novas tecnoloxÃas entre o alumnado da comunidade educativa dentro da
Estratexia de Educación Dixital 2030 da Administración autonómica. O acordo foi
asinado polo presidente do CPEIG, Fernando Suárez, e o conselleiro de Cultura,
Educación e Universidade, Román RodrÃguez.
Navega con rumbo é un programa encamiñado, por unha
banda ao alumnado para guialos cara unha navegación segura, tratando de evitar
que sexan vÃtimas de condutas como o ciberacoso ou outros riscos da rede, e por
outra, para o profesorado e familias, facéndoos partÃcipes das recomendacións
que eles poden aprender de xeito que tamén sexan transmisores para o alumnado.
O CPEIG realizará xornadas divulgativas, destinadas a toda a
comunidade educativa (alumnado, profesorado e familias) dos centros
seleccionados. Organizaranse 240 xornadas, dunha hora de duración, durante o
curso escolar 2021-2022. O Colexio elaborará unha GuÃa de Boas Prácticas en
Internet para alumnado, profesorado e familias que estará dispoñible en soporte
dixital e que se distribuirá, en formato impreso, nos centros educativos. A iniciativa conta tamén cunha páxina
web de seu, onde está dispoñibles todo a información do proxecto.
1.800 accións en dez anos
Desde que se puxo en marcha, a través do Navega con Rumbo leváronse a cabo máis de 1.800 accións formativas nas que participaron ao redor de 100 centros educativos en cada edición.