Nova beta do Firefox para Maemo 5

martes, 10 de novembro do 2009 Marcus Fernández

Dende a Fundación Mozilla continúan a traballar para converter o navegador web Firefox nun produto axeitado para dispositivos móbiles, e tras anunciar o logotipo que servirá de emblema para Firefox Mobile, presentan a súa quinta versión de proba para Maemo 5, a plataforma na que funcionan dispositivos coma o Nokia N800, N810 e N900.
O Firefox para Maemo Beta 5 inclúe agora o nome e o logotipo de Firefox, soporta distintas linguas (español, alemán, francés, italiano, holandés e ruso), é compatible con páxinas web en Flash coma YouTube, incorpora un novo asistente para encher formularios dun xeito doado, mellora o comportamento e rendemento ao desprazarse e facer zoom e corrixe múltiples fallos detectados.


Detalles das novidades da versión de proba do Firefox para Maemo 5

O Firefox Mobile xa conta cun novo logo oficial

PUBLICIDADE