Nova aplicación para gravar as nosas chamadas móbiles en formato MP3

mércores, 10 de abril do 2013 Marcus Fernández

Entre as numerosas aplicacións que chegan cada día a Google Play e difícil destacar algunha, pero moitos usuarios agradecerán a aparición de MP3 InCall Recorder & Voice, que combina nunha única ferramenta a gravación de voz e de chamadas telefónicas, con numerosas opcións e de balde, polo que resulta moi interesante para os que queiran gardar notas sonoras ou gravar unha conversa telefónica con boa calidade.
Con MP3 InCall Recorder & Voide poderemos gravar todas as nosas chamadas telefónicas ou só as que indiquemos manualmente, poderase elixir o nivel de compresión desexado (sendo posible chegar a gardar 1 horas de conversa en só 7 Mbytes), integra unha ferramenta para amplificar e limpar os ficheiros de son e incluso facilita o compartir as gravacións a través doutras aplicacións (WhatsApp, Gmail, Dropbox...).

PUBLICIDADE