Norton achega uns consellos básicos para comprar na Rede de maneira segura

venres, 23 de abril do 2010 Raquel Noya

Aínda faltan preto de 15 días para que se celebre o Día da Nai e a meirande parte das firmas de tecnoloxía, ocio, imaxe persoal, complementos, roupa, electrodomésticos… do noso país xa están apurando os seus catálogos cos que entrarlle polo ollo a todos cantos precisan demostrarlle ás súas proxenitoras o moito que se acordan delas nese día.
Unha destas compañías é Norton from Symantec, unha entidade de seguridade en Internet que sabe de boa man que cada vez somos máis os e as que buscamos na Rede o agasallo ideal para as nosas nais, correndo riscos innecesarios que se solucionarían coa instalación dun bo antivirus.
Cada vez que se achegan datas sinaladas no calendario para un grupo máis ou menos grande de persoas, tales como o Nadal, o Día de San Valentín ou o Día do Pai, entre outros, os ciberdelincuentes incrementan a súa actividade co obxectivo de facer o seu agosto particular, aproveitándose da inocencia e da boa fe dos internautas.
É por isto que a compañía, que se define a sí mesma como “experta en seguridade en Internet”, quere “axudarnos” a buscar en Internet o regalo perfecto para as nosas nais e vén de obsequiarnos con 5 consellos para facer as nosas compras de maneira segura e con total confianza na Rede; son os que seguen:
1. Protexe o teu equipo antes de utilizar o comercio electrónico.
Antes de conectarte a Internet ou de comprar en liña, asegúrate de protexer o teu equipo e a túa información financeira fronte aos piratas informáticos e aos ladróns de identidade adoptando tres medidas fundamentais:
1) Instala programas antivirus e antispyware, e mantenos actualizados.
2) Instala un firewall.
3) Actualiza o teu software habitual con regularidade.
2. Coñece con quen tratas.
Antes de comprar nun portal electrónico descoñecido, verifica a súa fiabilidade Antes de facer ofertas nunha poxa electrónica, comproba o historial do vendedor. Non esquezas anotar o nome e a dirección física do vendedor por se hai algún problema
3. Non realices compras nin intentos de compra en sitios Web pouco seguros.
Cando vaias introducir os teus datos para pagar, asegúrate de que o principio da dirección Web cambia de http a shttp ou https, o que indica que a compra se vai realizar por un método encriptar ou seguro. O teu navegador (non o contido do sitio Web) tamén debería indicar que a información está protexida mediante un símbolo, como unha chave partida que queda completa ou un cadeado que se pecha. Xamais introduzas datos persoais nunha pantalla emerxente.
4. Protexe a túa información persoal cando compres en liña.
Desconfía se alguén se pon en contacto contigo inesperadamente e che pide datos persoais. Os ladróns de identidade envían mensaxes fraudulentas sobre problemas nas contas dos consumidores para enganalos co fin de que lles proporcionen información persoal. As empresas lexítimas non actúan así.
5. Encripta a túa rede inarámica antes de comprar.
Os piratas e ladróns informáticos poden penetrar no teu equipo e obter os teus datos financeiros se utilizas unha conexión inarámica aberta ou non encriptar. Asegúrate de encriptar a túa rede inarámica e cambiar todos os parámetros predeterminados antes de conectarte a Internet ou comprar online. Tampouco debes utilizar as conexións inarámicas abertas doutras persoas para comprar por Internet. Calquera cun mínimo coñecemento e moi malas intencións pode ver e rexistrar as transaccións electrónicas que se realizan mediante conexións inarámicas con Internet.
Se se realizan compras en liña, sempre é unha boa medida comprobar con atención os extractos bancarios e das tarxetas de crédito regularmente. Se notas algo raro, avisa deseguida o banco en caso de cargos ou débitos non autorizados, ou se te cargaron cantidades superiores ás previstas. Se te consideras vítima dunha fraude ou un delito cibernético, notifícao inmediatamente á policía local.

PUBLICIDADE