Nokia proba unha tecnoloxía para facer interactivos os teclados virtuais

mércores, 7 de novembro do 2007 Marcus Fernández

Os teclados virtuais en PDA e teléfonos móbiles xa levan moito tempo existindo, pero continúan a resultar molestos para os usuarios, xa que resultan difíciles de utilizar, xa que a súa interface precisa dunha atención visual excesiva mentres que os teclados tradicionais son moito máis intuitivos, polo que Nokia está a traballar na tecnoloxía Haptikos, para o que adaptaron un terminal Nokia 770 (o precursor do N800) para incluír a tecnoloxía na súa pantalla, de xeito que mediante uns sensores permiten un movemento de 0,1 mm que dá a impresión da pulsación de teclas reais aínda que esteamos a utilizar un teclado virtual.
O prototipo actual de Haptikos permite a sensación de pulsar e soltar unha tecla, asociándose incluso o son de pulsado, dando a sensación de que se opera cun teclado real, o que resulta especialmente agradable para o usuario, que percibe que teclea máis rápido, o que segundo os responsables de Nokia supón «unha satisfacción mental».

PUBLICIDADE