Nokia Beamer chega á tenda de aplicacións para Windows Phone 8

luns, 4 de novembro do 2013 Marcus Fernández

Para os dispositivos da familia Lumia que estean xa a probar a actualización de Windows Phone 8 que recibirán a primeiros de 2014 (coñecida como Lumia Black) está xa dispoñible para a súa descarga a aplicación Nokia Beamer, a evolución de PhotoBeamer, que en vez de servir para controlar unha presentación remota de fotografías, serve para facer transmitir remotamente a pantalla do móbil a outro dispositivo (ordenador, tablet, televisor ou smartphone) o que pode empregarse para a realización de presentacións.
Con esta ferramenta podemos amosar os contidos da pantalla do móbil noutros dispositivos cun pequeno retraso, distando bastante das solucións existente actualmente que fan streaming de vídeo, pero achegando unha solución moi simple e doado de empregar para amosar fotografías, contidos de páxinas web, aplicacións... a través doutros equipos sen precisar de software adicional (pois esta solución fai uso dun navegador web para amosar os a pantalla do nosos smartphone).
Podemos ver o funcionamento de Nokia Beamer no seguinte vídeo:

PUBLICIDADE