No Portal da Lingua todo o relativo ás probas CELGA 2022, que comezan este mes de maio
xoves, 5 de maio do 2022
A SecretarÃa
Xeral de PolÃtica LingüÃstica informou da publicación das
datas
para a realización das probas para a obtención dos certificados
de lingua galega, CELGA 1, 2, 3 e 4, en Santiago de Compostela
e Ponferrada. As 2.370 persoas inscritas poden optar este ano a
cursos titorizados e tamén de autoformación online. Daranse
cita nos meses de maio e xuño en Ponferrada (para o CELGA 4, 3 e 2)
e en Santiago de Compostela, tanto no IES Antonio Fraguas (para o
CELGA 4, 3 e 2) como na Escola Galega de Administración Pública
(para o CELGA 1).
As probas CELGA 4, en Santiago de Compostela e
Ponferrada, serán o 28 e 29 de maio. As do CELGA 3, tamén en ambas
as localizacións, o 4 de xuño e as do CELGA 2, o 5 de xuño. O dÃa
11 de xuño realizaranse as probas do CELGA 1 tan só en Santiago de
Compostela.
Tanto os horarios de realización como as listaxes
definitivas de persoas admitidas para cada nivel poden consultarse no
Portal
da Lingua Galega da SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica,
que informa que tamén se vai publicar neste espazo web (na semana de
cada unha das probas), a porta de acceso ao centro e mais a aula
asignada a cada persoa para a realización da proba escrita.
Respecto da proba oral de cada nivel, o
departamento que dirixe ValentÃn GarcÃa explica que esta proba terá
lugar o mesmo dÃa cá escrita. A hora concreta en que cada persoa
deberá estar presente para realizar esta proba publicarase no centro
correspondente, asà como no Portal da Lingua Galega, unha vez que
remate a proba escrita.
No caso daquelas persoas ás que, atendendo a
causas xustificadas, se lles concedese algún tipo de adaptación ou
apoio, a SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica comunicaralles
directamente o dÃa, a porta de acceso e a aula correspondentes.
A previsión é que, como en anos anteriores, se
volva publicar unha segunda convocatoria para a realización de máis
exames antes de que remate o 2022.