No Portal da Lingua o tema co que a Panorama rende homenaxe ao Camiño de Santiago

luns, 14 de febreiro do 2022 S. P.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou a semana pasada na presentación do vídeo-clip do tema Torres de Compostela, adaptado e interpretado pola famosa Orquestra Panorama ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo. A canción, composta precisamente para impulsar o Xacobeo 99, pretende ser un documento promocional de Galicia e do Camiño de Santiago ao tempo que fai unha homenaxe a todos os peregrinos que cada ano chegan ata Compostela atraídos pola grandeza dunha experiencia única. Está dispoñíbel no Portal da Lingua da dita Secretaría Xeral.
A presentación comezou cunha visita á praza do Obradoiro onde o representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade estivo acompañado de Lito Garrido, director da orquestra; Álvaro Lodeiro, director de Deza Music S.L, e os vocalistas Fátima Pego, Mario Álvarez e Cibrán Insua. Desde alí. A continuación celebrouse un acto no que Valentín García valorou que “unha das orquestras máis importantes deste país de orquestras que é Galicia presente un tema que reúne dous valores fundamentais para o seu público e para toda a sociedade galega: o Camiño de Santiago e a lingua de noso”.

Vídeo musical do tema Torres de Compostela

PUBLICIDADE