Nintendo pide a retirada dun anuncio en liña do PSOE

xoves, 21 de febreiro do 2008 Marcus Fernández

Imaxes do polémico anuncio

Nos últimos días se puido ver na web unha campaña publicitaria do PSOE na que se presentaba unha consola Nintedo DS Lite marcada co logotipo da formación política na que se vía un xogo semellante ó popular Brain Training no que se cambiaban os retos mentais por mensaxes electorais. Aparte, os botóns A, B, X e Y da DS eran substituídos polas letras P, S, O e E.
Esta orixinal campaña sorprendía bastante ó usuario, pero tamén fixo o mesmo con Nintendo, empresa que non autorizou o uso da imaxe da súa consola asociada a unha formación política, polo que solicitou a retirada deste anuncio interactivo.

PUBLICIDADE