Netflix para iPhone permite compartir o que vemos en historias de Instagram

martes, 22 de xaneiro do 2019 Marcus Fernández

Compartir os nosos hábitos de consumo audiovisual en redes sociais é un factor moi importante para dirixir a conversa cos nosos achegados e crear comunidade ao redor das series de televisión e películas, e conscientes diso dende Netflix veñen de estrear a posibilidade de compartir os seus títulos a través das historias de Instagram.
A nova funcionalidade, dispoñible polo momento só a través da aplicación de Netflix para iPhone (aínda que espérase que chegue en breve a Android), permite que cando consultemos unha ficha dunha serie, película ou documental en Netflix podamos premer no botón de compartir e elixir como opción as historias de Instagram, o que levaranos á ferramenta de edición de historias cun póster vertical do contido que desexamos compartir, para que engadamos os comentarios e elementos que consideremos oportunos.
Dada a popularidade das historias de Instagram confíase en que esta ferramenta axude a impulsar as grandes estreas en Netflix, e facilite tamén o coñecemento dos grandes éxitos en función da conversa que se xera ao seu redor, agora tamén nas historias.

O procedemento para compartir contidos de Netflix a través de historias de Instagram é sinxelo e natural, de xeito que basicamente só temos que premer no botón de compartir e logo dar forma á nosa historia

PUBLICIDADE