NetLab xunta na Coruña a profesionais da comunicación, o marketing dixital e as redes sociais
martes, 20 de setembro do 2016
O vindeiro sábado celebrarse no espazo de coworking municipal Accede Papagaio na Coruña a segunda edición de NetLab, o laboratorio de profesionais organizado
por estati.co, Carmen Porteiro e APM Social que pretende dar a coñecer aos profesionais
do sector en liña e ás iniciativas que están a desenvolverse neste contorno,
estruturándose a xornada en breves relatorios de casos prácticos e experiencias
profesionais.
O NetLab está dirixido a autónomos, emprendedores, PEME, profesionais e
interesados en formarse en comunicación, marketing
dixital e social media, estando
aberta a súa inscrición en liña até o 23 de setembro ao prezo de 10 euros
(tendo un recargo adicional as compras de billete posteriores).
Esta completa xornada formativa botará a andar con Andrián Suárez, experto en
SEO/SEM e escritor de contidos para videoxogos, quen baixo o tÃtulo de Traballas en marketing en liña? Entón tes
que xogar a videoxogos promete un apaixonante relatorio; colleralle o
relevo Sergio Castelo, experto en interfaces de usuario e optimización de
comercio electrónico (con experiencia en Zara.com), que afondará no SEO local.
Tras un breve descanso Fátima Andrade e RocÃo DÃaz entrarán no ámbito da
analÃtica web, chave para o éxito na Rede, e completará a quenda de relatorios
o experto en redes sociais Javi Mos, que actualmente colabora coa Radio Galega
e administra as redes sociais do Land Rober Tunai Show.
O NetLab pechará cunha mesa redonda moderada por Mapi Baez, social media personal trainer, a quen
tamén poderemos ver a semana que vén no III
encontro Coruña Bloggers cun relatorio sobre a creación de calendarios
editoriais realistas.