Na rúa o número 26 da nosa revista mensual O Barbanza

xoves, 9 de setembro do 2021 Marcus Fernández

Chega unha nova edición da nosa publicación mensual O Barbanza, a número 26, que recolle as últimas festas máis sobranceiras e históricas da comarca barbancesa e de Galicia enteira. Así O Son celebra as do Carme, Ribeira a súa patroa Santa Uxía, Rianxo a tradicional Guadalupe e A Pobra O Nazareno, iso sen esquecer outras parroquias que tamén se unen neste mes á honrar os seus patróns.
Repasamos nas páxinas da publicación a arquitectura punteira do Barbanza, viaxamos a Sálvora para recordar os feitos tráxicos do Santa Isabel, publicamos as novidades mais salientables das nosas letras, e recollemos reportaxes sobre aspectos dos concellos da comarca sen esquecer a axenda das festas e actos culturais. Por suposto resumimos aspectos destacados da vida, da economía e das empresas locais.
A pandemia marca porén as celebracións que en moitos casos verán limitados os seus actos pero que pouco a pouco van recuperando o pulo á espera da ansiada normalidade. Isto e moito máis ocupan as páxinas deste número de O Barbanza que cunha tiraxe de 7.000 exemplares está en distribución de balde en toda a comarca barbancesa podendo amais descargarse en PDF ou lerse en trebellos móbiles.

PUBLICIDADE