Mytaxi promóvese até o 21 de xullo con descontos do 50%

mércores, 8 de xullo do 2015 Redacción

Os usuarios de Mytaxi (reais pero sobre todo potenciais) teñen alcance da man unha novidade importante no relativo á aplicación e á súa relación con ela. Segundo informan os responsábeis da plataforma, esta recunca no seu desconto promocional do 50% para as cidades de Barcelona, Madrid, Valencia e Sevilla, dende o 7 de xullo até o 21 de xullo. Esta rebaixa débese sobre todo “á boa acollida que tivo a primeira rolda entre usuarios e condutores, de aí que Mytaxi decidise repetir a experiencia de xeito simultáneo nas corenta cidades onde xa está presente a aplicación”.
Con esta acción, sinala a compañía, esta asumirá a metade do importe ao remate de todos os traxectos pagos vía app e o taxista recibirá o importe íntegro da carreira. Por certo que para podermos gozar da promoción é imprescindíbel que elixamos o pago vía app como método de pago. Ou sexa, que os pasaxeiros deberán solicitar o seu taxi a través desta aplicación, dispoñíbel de balde para todos os sistemas operativos, e seleccionar a opción pago vía app; logo o condutor introducirá o importe final do traxecto e o usuario percibirá automaticamente o desconto que reducirá á cifra á metade.
Como lembraremos, Mytaxi é unha ferramenta-plataforma do ámbito de reservas de taxis con máis de 10 millóns de descargas e, segundo indica a compañía do mesmo nome (responsábel do seu desenvolvemento), é a primeira aplicación do mundo que permite unha conexión directa entre taxistas e pasaxeiros. Fundada o ano 2009 por Jan-Niclaus Mewes e Sven Johannes Külper, a empresa conta con 200 empregados entre Alemaña, Austria, Suíza, España, Polonia, Italia e Estados Unidos e está dispoñíbel en 40 cidades cunha rede de máis de 45.000 taxistas.

PUBLICIDADE