MyStrands Social Player lanza un servizo para compartir música no móbil baseado na comunidade

venres, 16 de marzo do 2007 Raquel Noya

A aparición da telefonía 3G impulsou o emprego do móbil para navegar pola Rede. Na actualidade, segunda a novena Enquisa a Usuarios de Internet (Navegantes na Rede), dous de cada dez internautas conéctanse a Internet a través do móbil. As descargas de música, tanto dende o teléfono como directamente dende o PC son unha das actividades preferidas dos usuarios da Rede e, tanto é así, que os Produtores de Música de España (Promusicae), xa teñen en conta o número de descargas de Internet das cancións para premiar ós artistas con novos discos dixitais de platino, acabados de estrear.
Agora, a compañía MyStrands Social Player, vén de lanzar un novo servizo de reprodutor de música para teléfonos móbiles que incorpora funcionalidades baseadas no concepto de comunidade en Internet, é dicir, un servizo que ofrece (de entre unha colección de máis de 6 millóns de composicións) cancións semellantes ás que o usuario está a escoitar e que descoñece. Por outra banda, o servizo pon en contacto a xente con gustos musicais afíns facendo público o perfil de cada un, sempre e cando os usuarios dean o seu consentimento.

PUBLICIDADE