MySpace tratará de impedir que os delincuentes sexuais accedan ós seus servizos

luns, 11 de decembro do 2006 Fernando Sarasketa

MySpace é hoxe por hoxe un servizo web que conta cun importante seguimento por parte da mocidade (sobre todo) que se achega a ela pola oferta de música e lecer, aínda que tamén é (inevitablemente) empregada por adultos na busca de sexo con menores. Sabedores disto (ou polo menos recoñecendo o problema abertamente), os creadores de MySpace veñen de anunciar a incorporación dunha tecnoloxía para identificar e bloquear o acceso á popular rede social en liña a delincuentes sexuais condenados.
A nova ferramenta, creada por Sentinel Tech Holding e denominada Sentinel Safer, permitiralle ó portal procurar nas bases de datos estatais e federais co fin de atopar e eliminar arquivos en MySpace de delincuentes sexuais rexistrados, uns 550.000 en EE UU. Segundo os analistas, a seguridade persoal dos usuarios e a protección dos dereitos de autor son consideradas como dúas das maiores ameazas para as posibilidades de crecemento do portal, co que, con esta medida, a compañía comprométese a manter afastados ós delincuentes sexuais rexistrados de até 46 estados norteamericanos.

PUBLICIDADE