MySpace ofrece a sincronización con Twitter

martes, 22 de setembro do 2009 Marcus Fernández

Perfil de MySpace no que aparecen anotacións realizadas en Twitter

As anotacións en Twitter poden sincronizarse dende hai moito dende Facebook, e agora este tipo de prestación achégase tamén a MySpace, de xeito que nos perfís de MySpace poden amosarse os tuiteos aforrando aos usuarios facer a carga de contidos dúas veces, aínda que neste caso a comunicación entre os servizos é bidireccional, de xeito que tamén pode facerse que as anotacións en MySpace aparezan en Twitter.
O servizo de sincronización de MySpace polo momento limítase a Twitter, pero é de agardar que nos vindeiros meses estendan a aplicación a outras plataformas, aproveitando así as sinerxías entre servizos da Web 2.0.

PUBLICIDADE