Mozilla lanza novas versións de proba de Thunderbird 3 e SeaMonkey 2

xoves, 23 de xullo do 2009 Marcus Fernández

Mozilla anunciou o lanzamento da primeira versión de proba do novo SeaMonkey 2.0, aplicación que integra nun mesmo produto a Firefox, Songbird e Thunderbird, que incluso pode descargarse na súa versión localizada ao galego.
A nova versión de proba de SeaMonkey non só está baseada no núcleo do Firefox 3.5 (o que xa é unha interesante mellora), senón que tamén incorpora numerosas melloras no seu xestor de descargas, na importación e exportación de correo, na subscrición de fluxos RSS…
Pero non é o único produto de Mozilla que está a renovarse estes días, saíndo tamén unha nova versión de proba do Thunderbird 3, dispoñible en galego, e que agora integra a versión 1.9.1.1 da plataforma Gecko e incorpora máis de 500 cambios nesta versión que van dende a corrección de erros ata novas funcionalidades (visualización dos correos electrónicos en pestanas, modo de cartafoles intelixentes, mellor integración con Gmail, etc.).

PUBLICIDADE