Mozilla está a preparar un lanzador de aplicacións para Android

xoves, 6 de febreiro do 2014 Marcus Fernández

Nas últimas horas Mozilla amosou un novo produto que está a desenvolver en colaboración con EverythingMe, o Firefox Launcher para Android. Esta aplicación entraría no compromiso de Mozilla por achegar a mellor experiencia web posible sen importar a localización, a plataforma ou o dispositivo, facilitando que os usuarios poidan ter un novo xeito de personalizar a súa experiencia web e satisfacer as súas necesidades en calquera contexto.
O Firefox Launcher para Android fará doado descubrir contido en calquera momento e está optimizado para o xeito no que empregamos o teléfono, integrando a busca de aplicacións adaptable ao contexto de EverythingMe co navegador web Firefox para Android, conseguindo unha experiencia web máis divertida e intuitiva.
O desenvolvemento desta solución está moi avanzado, e en breve agardan estrear unha versión de proba.

PUBLICIDADE