Movistar subirá os seus prezos en xaneiro

luns, 20 de novembro do 2023 Marcus Fernández

Tras saberse que Vodafone subirá un 4,38% as súas tarifas cumprindo o recollido nos seus contratos (aplicará anualmente a suba do IPC), sabemos agora que tamén Movistar está a comunicar unha suba de prezos semellante aos seus clientes. A suba de prezos de Movistar aplicarase a partir do 15 de xaneiro de 2024 e, en vez de argumentar que é debida á suba do IPC, aseguran que prodúcese para «ofrecer o mellor servizo» tanto nas súas redes de fibra como de móbil.
A suba de Movistar non se corresponde a unha porcentaxe fixa, senón que trátase realmente dunha reformulación de tarifas na que os prezos suben en prezos redondos, de xeito que o paquete básico pasa de 11 a 12 euros/mes, Movistar Max pasa de 57,90 a 59,90 euros/mes e Movistar Ilimitado pasa de 74,90 a 76,90 euros/mes.

PUBLICIDADE