Movistar+ renova a súa interface de usuario

mércores, 9 de setembro do 2015 Marcus Fernández

Os clientes de Movistar+ que reciban o sinal de televisión mediante IPTV comezan a poder gozar dunha nova interface de usuario que busca unha navegación máis visual e sinxela, que facilite o acceso aos contidos, para o que orienta o seu deseño a facilitar o descubrimento e o goce dos contidos e amosar máis contidos na pantalla do televisor e novos espazos para recomendacións.
A nova interface gráfica tamén incorpora melloras na usabilidade para dinamizar a experiencia de uso para que sexa posible unha navegación máis rápida e dinámica, á vez que incorpora novas transicións e animacións. Polo momento esta nova interface está a chegar a abonados de Castela A Mancha e Castela-León, continuando o seu espallamento xeograficamente até o mes de outubro, cando está previsto que chegue á totalidade do territorio.

Vídeo de presentación da nova interface de usuario de Movistar+

PUBLICIDADE