Movistar podería reducir drasticamente a velocidade dos datos en exceso dende o móbil

xoves, 18 de xullo do 2013 Marcus Fernández

Nos últimos meses son moitos os rumores de que os principais operadores de telefonía móbil queren comezar a cobrar aos usuarios que superan o límite de tráfico de datos contratado en vez de reducir a súa velocidade como fan ata o momento moitos, figurando entre as quinielas Movistar, compañía da que agora comentan que non cobrará o exceso, senón que estrangulará as conexións ao superar o límite para usuarios de contratos Fusión, Cero, Total, tarifas planas Internet, Con tu negocio + Internet e tarifas Internet smartphone (ou sexa, case todos os contratos con datos recentes) reducindo o tráfico en exceso a unha velocidade de 16/8 Kbps en vez dos 64/16 Kbps actuais, o que faría case imposible o acceso á Rede, empurrando aos usuarios a contratar un volume de datos maior (lembremos que tarifas como Movistar Fusión Cero teñen un tráfico a máxima velocidade de só 100 Mbytes, mentres que Fusión eleva tal volume de datos a 1 Gb).
Ao parecer, libraríanse desta redución de velocidade os que contraten un bono extra de 1 Gbyte por 10 euros, que manterán a limitación de velocidade nas condicións actuais. Tamén aplicaríanse novas limitacións ao envío de mensaxes de texto, que tería un tope de 1.000 mensaxes/mes para clientes de Fusión e de 500 mensaxes para os clientes de tarifas de Internet. De superarse o límite as SMS cobraríanse a 0,15 euros cada unha.

PUBLICIDADE