Movistar lanza unha tarifa prepago específica para comunicacións internacionais dende un céntimo por minuto

xoves, 27 de decembro do 2012 Redacción

Movistar vén de lanzar unha solución especialmente axeitada para estas datas nas que establecer comunicación co estranxeiro, de estarmos lonxe dos nosos familiares ou amigos, faise case unha prioridade. Falamos da súa nova tarifa prepago Fala Internacional, dirixida en boa medida ao colectivo de inmigrantes en España e que permite facer chamadas a teléfonos fixos e móbiles de máis de 40 países desde 1 céntimo o minuto. Con esta proposta de valor, informa Movistar, a compañía segue centrando “a súa estratexia nas necesidades do cliente, neste caso naqueles que teñen aos seus familiares lonxe e necesitan romper a distancia mantendo contacto telefónico con eles”.
Os clientes de prepago xa poden contratar este módulo en tódalas tendas Movistar, na web comercial de seu, no número 1004, e, dende o vindeiro 15 de xaneiro tamén poderán facelo nos locutorios especializados en telefonía. Por certo que o servizo Fala Internacional é compatíbel con tódalas tarifas de voz do catálogo de prepago de Movistar. Inclúe, por outra banda, chamadas nacionais dende 0cts/min e ten unha cota mensual de 1 euro, renovándose de xeito automático cada 30 días sempre que o cliente teña saldo no seu cartón prepago. “O prezo da chamada varía en función do destino e de se a chamada é a un fixo ou a un móbil, sendo o prezo mínimo 1 céntimo o minuto (1,21 IVE incluído) máis os 30 céntimos (36,3 IVE incluído) correspondentes ao establecemento de chamada)”, informa Movistar.

PUBLICIDADE