Movistar elimina o compromiso de permanencia na venda de terminais

mércores, 13 de abril do 2016 Marcus Fernández

Nos últimos anos o mercado de smartphones mudou substancialmente por mor da eliminación das subvencións por parte dos operadores de telefonía, que levou á popularización da venda de smartphones libres, pero os operadores continúan a ser unha canle de venda importante, que tamén continúa a experimentar cambios, como o feito de que Movistar non só continúa a vender os seus terminais totalmente libres, senón que a partires de agora a renovación dos seus móbiles carecerá de compromiso de permanencia, igualando as súas condicións á compra libre de mercado, aínda que cuns prezos máis competitivos (o que na práctica dáse nuns poucos terminais en promoción, como o novo LG G5, que pode adquirirse por 649 euros cando o seu prezo habitual é de 699 euros).
Cando si atopamos diferenzas nas condicións de compra é ao optar polo pagamento aprazado, que no caso de relacionarse con algunha tarifa de Movistar (alta, portabilidade, renove ou migración) haberá que pagar un 11,02% TAE, mentres que de adquirirse de xeito independente haberá que pagar un 14,37% TAE.

PUBLICIDADE