Movistar Fusión combina teléfono fixo, móbil, Internet e televisión como grande oferta competitiva

venres, 14 de setembro do 2012 Marcus Fernández

Telefónica presentou hoxe Movistar Fusión, unha solución integrada de telecomunicacións dirixido tanto a particulares como autónomos e profesionais, que dende 49,9 euros/mes ofrece liña fixa, ADSL ou fibra óptica, televisión Imagenio e liña móbil para falar e navegar, podendo asociarse o servizo a outros elementos como móbiles adicionais, tarxetas multiSIM ou plans de renovación e financiamento do terminal.
A opción máis económica de Movistar Fusión consiste nunha liña telefónica fixa, ADSL de 10 Mbps, móbil con 500 minutos en chamadas e 1 Gbps de datos por 49,9 euros/mes, mentres que por 59,9 euros/mes pode optarse, onde estea dispoñible, polo servizo Movistar Fusión Fibra, que achegaría as grandes velocidades da fibra óptica (100 Mbps).
Por outra banda, as opcións Movistar Fusión TV e Movistar Fusión Fibra TV incluirían Imaginio Familiar, con máis de 70 canles (e encontros deportivos) a prezos de 79,9 e 89,9 euros respectivamente.
Os servizos de Movistar Fusión poderán contratarse nas canles habituais e puntos de venda de Movistar, tanto para clientes actuais como para novos clientes.


Vídeo de presentación de Movistar Fusión

PUBLICIDADE