Moterroso e Bos Aires únense a través de videoconferencia

venres, 26 de xuño do 2009 Redacción

Unhas vinte familias do municipio de Monterroso puideron hoxe restablecer o contacto cos seus seres queridos en Arxentina grazas a unha iniciativa organizada polo Centro Gallego de Bos Aires, o concello de Monterroso e a Secretaría Xeral de Medios, a través da Rede de Telecentros de Comunicación de Galicia. O encontro tivo lugar lugar a través de videoconferencia partir das 16:00 horas no Telecentro de Comunicación do concello, no Centro Sociocultural e durante o acto algúns dos familiares víronse por vez primeira aínda que fose virtualmente. Non é a primeira vez que Monterroso e Bos Aires se unen a través de videoconferencia. Xa son varios os encontros deste tipo organizados destinados a grupos familiares desde a inauguración do Telecentro de Comunicación.
A actividade enmárcase dentro da campaña de dinamización da Rede de Telecentros de Comunicación Comunícate, que está a desenvolver a Secretaría Xeral de Medios, nos distintos centros dependentes do Centro Mulltimedia de Galicia (CMG) co fin de dar a coñecer á poboación as distintas posibilidades que ofrecen os Telecentros de Comunicación (TC).

PUBLICIDADE