Moitos móbiles poden navegar mellor pola web grazas ó novo Opera Mini beta 2

venres, 31 de agosto do 2007 Marcus Fernández

Opera actualiza o seu navegador web para móbiles de baixas prestacións, de xeito que o Opera Mini 4 chega á súa beta 2, que corrixe moitos erros da súa versión anterior e engade características destacables como encriptación, función de multibúsqueda, modo apaisado (con acceso directo con premer # e *), soporte para fontes pequenas con suavizado, mellora na calidade de imaxe e simplificando a súa configuración.
A beta 2 tamén inclúe outras pequenas modificacións, aínda que os usuarios de terminais Blackberry verán como a versión específica para eles está máis adaptada ós seus móbiles.
Lembremos que o Opera Mini permite ver páxinas web normais dende a meirande parte dos móbiles do mercado, pois é unha aplicación Java de balde que carga as webs que queremos visitar dun xeito simplificado e permitindo tanto ver cunha imaxe xeral das páxinas coma achegarse ós textos para a súa correcta lectura na pantalla do móbil.

PUBLICIDADE