Modernización pon en marcha os servizos para a obtención de certificados dixitais

xoves, 16 de decembro do 2010 Redacción

En virtude do contrato asinado en outubro de 2010 coa Fábrica Nacional de Moeda e Timbre, xa está dispoñible o servizo de certificación que permite a obtención dos certificados dixitais necesarios para o desenvolvemento da administración electrónica.
O ámbito de aplicación do servizo prestado pola autoridade certificadora serán os concellos da Comunidade Autónoma de Galicia, a Xunta de Galicia, o CIXTEC e o SERGAS, así como as Universidades Públicas da CCAA de Galicia, o Consello de Contas, o Parlamento de Galicia, o Valedor do Pobo e as Deputacións Provinciais.
Os servizos de certificación permiten o uso dos seguintes tipos de certificados: certificados de empregado público, de selo electrónico, de selo de organismos, de servidor SSL, de atributos, de sede electrónica e xenéricos de compoñente software.
Os servizos de certificación prestados son os seguintes:
- Xeración e xestión de claves para a emisión de certificados
- Rexistro de usuarios
- Emisión, revogación e arquivo de certificados de clave pública
- Publicación de certificados e do Rexistro de Certificados
No portal iMIT xa están dispoñibles os formularios para que os organismos aos que aplica poidan facer a solicitude de tramitación dos certificados, guías de uso e documentación explicativa dos servizos.

PUBLICIDADE