MobileNavigator leva a navegación GPS ao iPhone

luns, 22 de xuño do 2009 Marcus Fernández

A incorporación do GPS ao iPhone 3G hai preto dun ano facía ao público a agardar que compañías coma TomTom adaptasen o seu software ao terminal de Apple, pero a cousa fíxose de rogar, e non é ata agora que temos unha aplicación deste estilo, e non precisamente por parte do mencionado fabricante de navegadores GPS, senón que é NAVIGON AG quen se adiantou co seu MobileNavigator Europe, que está á venda por 74,99 euros (prezo inicial ata o 30 de xuño) e resulta tan completo coma os navegadores tradicionais para automóbiles, con mapas en 2D e 3D, pequenos comentarios e gravacións de voz, funcionamento en horizontal e vertical, etc.
O MobileNavigator precisa para funcionar a versión 3.0 do sistema operativo do iPhone e ocupa nada menos que 1,65 Gb (pois inclúe os mapas de toda Europa) e entre as linguas nas que funciona está incluído o español.


Demostración do funcionamento do MobileNavigator para o iPhone

PUBLICIDADE