Miñones advirte de que as estafas informáticas representan xa un de cada seis delitos en Galicia

xoves, 4 de novembro do 2021 S. P.

As estafas informáticas supoñen xa, na nosa terra, un de cada seis delitos. Así o fixo saber este 4 de novembro o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, na xornada previa á presentación, na Coruña, dos equipos @(arroba) da Unidade de Ciberdelincuencia da Garda Civil en Galicia que se incorpora para previr e loitar contra estas novas formas de delincuencia.
José Miñones valoroy o Balance de Criminalidade do terceiro trimestre de 2021, feito público dende o Portal Estatístico de Criminalidade polo Ministerio do Interior, e que revela que en Galicia “coñecéronse 19.077 estafas, un 46% máis que no mesmo período do ano anterior”, e delas, 12.650 son estafas cometidas a través de Internet. Segundo engadiu, este tipo de calotes pola vía online medraron neste primeiros nove meses do ano un 51,1% en Galicia e este crecemento repercutiu na taxa de criminalidade alcanzada na Comunidade galega en setembro, que foi de 30,5 delitos por cada 1.000 habitantes, tres puntos máis que na mesma data de 2020.

PUBLICIDADE