Militantes e simpatizantes socialistas mobilízanse en Facebook contra o canon dixital

mércores, 2 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

A polémica sobre o canon dixital resístese a abandonar a actualidade, e ten repercusión máis aló da web do PSOE, chegando agora a Facebook, onde aparece un grupo de usuarios baixo o título de Socialistas contra o canon dixital, que pretende «abrir un debate no seo do PSOE e conseguir a retirada do canon dixital na vindeira lexislatura».


Paca Pleguezuelos e Miguel Ángel Segovia manifestándose publicamente contra o canon dixital

Esta iniciativa está impulsada, entre outros, por César Calderón, quen destaca que hai moitos militantes e cargos públicos do PSOE que se están a posicionar contra a taxa pola copia privada, coma o Director Xeral de Telecomunicacións e Sociedade da Información da Xunta de Estremadura, Carlos Castro; o concelleiro de Badajoz, Miguel Ángel Segovia; ou a eurodeputada Paca Pleguezuelos, a quen puidemos ver nun vídeo gravado durante unhas xornadas sobre cidadanía dixital celebrado en Granada.
Ata o momento o grupo de Facebook conta con 114 membros.

PUBLICIDADE