Miguel Churruca, nova incorporación á compañía de software Brainstorm Multimedia

mércores, 14 de marzo do 2012 Redacción

Miguel Churruca, vello coñecido de Código Cero e do sector TIC galego, onde desenvolveu un importante labor á fronte dunha das nosas empresas punteiras, Blusens, é a nova incorporación da firma Brainstorm Multimedia. Nesta compañía, especializada en desenvolvemento de software e visualizacións interactivas en tempo real, Churruca ocupará o cargo de¨marketing communications manager, con responsabilidade directa sobre as liñas estratéxicas de promoción e comunicación, e facendo especial fincapé no desenvolvemento da presenza en liña da empresa.
Como dixemos, Churruca chega a Brainstorm logo de dirixir en Blusens o departamento de Marketing e Comunicación. Previamente estivo durante máis de dez anos en Quantel, ao cargo do soporte comercial e de promoción para España, Latinoamérica e sur de Europa. Para Miguel Churruca, “Brainstorm Multimedia é un líder global en solucións de grafismo broadcast no que hai grandes posibilidades de desenvolver estratexias innovadoras de imaxe de marca para a nosa extensa gama de produtos que son referentes xa no mercado nas súas respectivas categorías”.

PUBLICIDADE