Microsoft renova as aplicacións e servizos de Windows Live

mércores, 7 de novembro do 2007 Marcus Fernández

O conxunto de aplicacións e servizo de Microsoft, Windows Live, renóvase actualizando o servizos actuais e introducindo outros novos, de xeito que os usuarios xa poden descargar e instalar no seu equipo unha serie de programas agrupados nun paquete que serve tanto para mellorar o rendemento do PC local e permite espallalo á Rede.
Entre as novas aplicacións da plataforma de Microsoft están Windows Live Mail, Windows Live Writer e Windows Live Photogallery, que son un xestor de correo electrónico (que tomaría o relevo ó Outlook Express), un editor avanzado para a publicación de anotacións en blogs e un visor/editor de imaxes respectivamente. No tocante ás actualización, o novo paquete inclúe Windows Live Messenger 8.5 e Windows Live OneCare Protección infantil Windows Live Toolbar.
A plataforma Live tamén estrea o servizo de balde Windows Live Eventos, que permite planificar eventos integrándose con Messenger, Spaces e Hotmail, contando con máis de 100 moldes, configuración de privacidade, invitacións, xestións de respostas dos convidados, libros de visitas, notificacións por RSS e outras prestacións. No tocante ás actualizacións, Microsoft renova Windows Live Hotmail, Windows Live Spaces e Windows Live Search.

PUBLICIDADE