Microsoft predí o resultado do Festival de Eurovisión

venres, 22 de maio do 2015 Marcus Fernández

O Festival de Eurovisión conta este ano con partner tecnolóxico de luxo, Microsoft, que achega numerosos recursos para que funcione a organización do evento e, de cara ao público, contribuíu á creación unha completa aplicación oficial que está dispoñible de balde para Windows Phone, Windows 8, iOS e Android, e que axuda a coñecer aos participantes, a participar en votacións e a coñecer moitos detalles sobre Eurovisión, polo que é unha ferramenta moi práctica para os eurofans.
Pero a compañía de Redmond non quixo limitarse a colaborar co evento, e ousa a predicir o resultado da competición, empregando tecnoloxía de Bing, que considera que Suecia sería o país gañador da presente edición, seguido por Italia, Rusia e Australia.
Durante a fin de semana comprobaremos se o motor preditivo de Bing atinou o resultado, o que é bastante posible se temos en conta que este sistema conseguiu acertar 16 de 19 gañadores da última edición dos Óscar e 15 dos 16 resultados dos Mundiais de Fútbol.

PUBLICIDADE