Microsoft non limitará o Windows 7 en ultraportátiles

luns, 28 de setembro do 2009 Marcus Fernández

Co anuncio do Windows 7 falouse moito dunha edición especial que limitaría o número de aplicacións que corresen simultaneamente e que iría dirixida a ordenadores ultraportátiles de baixo custo, pero finalmente Microsoft confirmou o Windows 7 Starter non terá o tope de 3 aplicacións simultáneas mencionado, e incluso permitirán que os fabricantes instalen nos seus equipos calquera outra versión de Windows 7 nos seus equipos.
De todos os xeitos, confírmase que seguirán existindo versión económicas de Windows 7, pensadas en países en vías de desenvolvemento, e que carecerán de certas funcións como a interface Aero, as vistas previas na barra de tarefas e algún detalle máis.

PUBLICIDADE