Microsoft logra convencer das bondades de Windows Phone 8 ao 88% das persoas ás que o amosa en vivo

martes, 18 de decembro do 2012 Marcus Fernández

Demostración do uso dun Nokia Lumia 920 coas luvas postas

Aínda que en España os novos móbiles con Windows Phone 8 non rematen de desembarcar totalmente (haberá que agardar a mediados de xaneiro para que dispositivos como o Nokia Lumia 920 estean dispoñibles, e posiblemente en unidades bastante limitadas), internacionalmente parecen estar a gozar dunha aceptación excelente, especialmente cando chegan acompañadas coa debida campaña divulgativa, como parecen ter comprobado de primeira man dende Microsoft, xa que aseguran que as presentacións e retos englobados baixo a marca Meet Your Match desenvolvidos en EE.UU., Reino Unido, Francia e Alemaña, amosando en persoa aos consumidors as posibilidades de Windows Phone, conseguiron convencer ao 88% das persoas de que o plataforma móbil de Microsoft é máis divertida, útil e persoal que as dos seus principais competidores (iPhone e Android). Cómpre destacar que a mostra non foi cativa, pois o número de persoas ás que chegaría a campaña sería superior ás 75.000.
Na Internet a campaña tamén parece estar a funcionar moi ben, e os vídeos de Meet Your Match superaron as 600.000 reproducións, que xunto cos moitos anuncios en liña que puideron verse de Windows Phone 8 podemos entender que alí onde está a darse a coñecer esta plataforma comeza a gozar dun grande grao de coñecemento, algo que en mercados como o español aínda está lonxe de acontecer.


Un dos vídeos da campaña Meet Your Match

PUBLICIDADE