Microsoft lanza a súa primeira aplicación para o iPhone

luns, 15 de decembro do 2008 Marcus Fernández

Cando nos movemos por imaxes de satélite no Google Earth as imaxes cargan progresivamente de xeito que segundo nos achegamos ás fotografías se van cargado versións de máis definición dun xeito case sen saltos, e esta experiencia se pode levar agora a imaxes no servizo Photosynth visualizadas no iPhone a través de Seadragon Mobile, que sería a primeira aplicación creada por Microsoft que se distribúe na tenda de aplicacións de Apple.
Tan pronto instalamos a aplicación podemos movernos por ata 50 imaxes de mostra que incluso chegan a unha resolución de 10 Gpíxeles, nas que nos podemos mover con suavidade.

PUBLICIDADE