Microsoft incluirá Flash e PDF en Windows Mobile

luns, 17 de marzo do 2008 Marcus Fernández

Microsoft chegou a un acordo con Adobe para incorporar a tecnoloxía Flash Lite ó sistema operativo Windows Mobile, polo que as páxinas web con Flash serán máis accesibles para dispositivos móbiles. Co mesmo acordo tamén se achegará o Reader LE, que permitirá a lectura de documentos PDF.
Hai que indicar que non tódolos contidos dispoñibles para o PC se poderán ver satisfactoriamente nun dispositivo móbil (en boa medida, polo reducido tamaño das pantallas) pero certos detalles cruciais nalgunhas webs deixarán de estar inaccesibles (coma menús en Flash), o que será unha grande vantaxe para os usuarios finais.
Actualmente xa hai reprodutores multimedia con soporte de Flash, e a achega desta tecnoloxía a Windows Mobile supón un incremento substancial desta tecnoloxía, que facilitará tamén a mellora das interfaces móbiles (mediante animacións e gráficios vectoriais).

PUBLICIDADE