Microsoft botaralle Morro ás ameazas á seguridade informática
mércores, 19 de novembro do 2008
- Windows Live OneCare desaparecerá paulatinamente de cara ao lanzamento de Morro
Para manter a
seguridade informática e frear o espallamento do malware Microsoft anunciou que durante a segunda metede de 2009 vai
publicar unha ferramenta
que ofrece «protección contra o malware,
incluÃndo virus, software espÃa, rootkits e troianos» que se
ofrecerá «sen cargo para os consumidores»
e que estará pensado para consumir poucos recursos (sendo válida tanto para
conexións de baixa velocidade como para equipos pouco potentes), o que se verÃa
como un relevo de Windows Live OneCare, servizo que cesará o 30 de xuño de
2009.
O novo produto, coñecido polo nome chave Morro
(que agardamos que non será o nome final, ante a confusión e burla que crearÃa
entre o público hispano) estarÃa dirixido aos mercados emerxentes e aos novos
equipos, que normalmente son os máis vulnerables ao malware, aÃnda que os profesionais da seguridade informática ven
nesta iniciativa unha práctica anti-competitiva, aÃnda que dende Microsoft
precisan que Morro só «subministrará as proteccións esenciais»,
ou sexa, que serÃa un produto básico que beneficiarÃa á seguridade global da
Internet, e non deberÃa entenderse como unha suplantación de ferramentas
avanzadas.
Morro estará dispoñible coma descarga
independente para Windows XP, Vista e 7.