Microsoft adaptará Silverlight para móbiles de Nokia

martes, 4 de marzo do 2008 Marcus Fernández

Para aproveitar a pouca presenza da tecnoloxía Flash en dispositivos móbiles Microsoft anuncia que vai adaptar a súa tecnoloxía homóloga, Silverlight, para os móbiles Series 60 de Nokia.
A versión móbil de Silverlight chegará durante o presente ano e, aparte de mellorar a interacción, tamén supón unha boa solución para levar o vídeo ós dispositivos compatibles, como poderemos ver este verán, cando os Xogos Olímpicos se poderán seguir a través da Rede valéndose desta solución de Microsoft.
Actualmente Silverlight conta con versións para Windows e Mac OS X, e están a traballar na súa adaptación para Linux, polo que a conversión ó sistema operativo para móbiles Symbian tamén avanzará na consecución da ubiquidade desta emerxente tecnoloxía que pretende imporse ó Flash de Adobe.

PUBLICIDADE