Microsoft, Blusens e R participarán este martes nunha xornada de flexibilidade nas empresas

luns, 17 de setembro do 2007 Raquel Noya

A Asociación para o Progreso da Dirección (APD), en colaboración con HayGroup vai organizar mañá -martes 18- a xornada O reto da flexibilidade: cómo se adaptan as organizacións ó seu entorno, que servirá para dar a coñecer os efectos positivos que producen as organizacións flexibles, sobre todo a nivel de innovación en produtos e servizos e en eficacia operativa e produtividade.
Asemade, segundo os responsables de APD, “as organizacións flexibles conseguen afacer a súa estrutura de xeito permanente en función das características do mercado, o que lles permite ofrecer un servizo máis áxil ós seus clientes”; con este enfoque, responsables de recursos humanos e outras áreas corporativas de Bankinter, Unión Fenosa, Microsoft Ibérica, Blusens e R, abordarán mañá en Santiago de Compostela as motivacións e os impactos que lles levaron a incorporar a cultura da flexibilidade en cadansúas empresas.
O acto terá lugar no Hotel Porta do Camiño de 9:15 a 14:00 horas.

PUBLICIDADE