Meta presentou un modelo de tradución mediante IA que entende o galego
martes, 22 de agosto do 2023
Meta
presentou hoxe SeamlessM4T, un modelo de tradución mediante IA multilingüe
e multimodal, que quere permitir que as persoas poidan comunicarse sen esforzo
a través da fala e o texto en distintos idiomas, soportando actualmente o
recoñecemento de voz en preto dun cento de linguas, a conversión de voz a texto
en preto dun cento de linguas de entrada e de saÃda, a tradución verbal en
preto dun cento de linguaxes de entrada e 36 linguaxes de saÃda, a tradución de
texto en preto dun cento de linguas e a tradución de texto a fala en preto dun
cento de linguaxes de entrada e 35 linguaxes de saÃda. Cómpre salientar que nas
funcións mencionadas onde hai preto dun cento de linguas está incluÃdo o
galego, o que pode ser un grande avance para a nosa lingua á hora de
relacionarnos coa tecnoloxÃa mediante a voz.
Meta está a publicar este modelo de linguaxe, xunto coas máis de 270.000 horas
de gravacións de voz sincronizadas con texto, empregadas como conxunto de datos
para este modelo que podemos entender como o tÃpico tradutor universal dos
filmes de ciencia ficción.
Dende a compañÃa de Mark Zuckerberg recoñecen que os sistemas actuais de
tradución verbal ou de conversión de voz a texto só funcionan cunha pequena
fracción das linguas do mundo, e cren que SeamlessM4T pode supor un grande avance
neste ámbito ao funcionar mediante un único modelo, o que permite a redución de
erros e retardos e a mellora da eficiencia e a calidade dos procesos de tradución.
Nunha publicación no blog sobre IA de Meta detallan o funcionamento de
SeamlessM4T, e incluso achegan unha
demostración do sistema de tradución ao que podemos falarlle en preto dun
cento de idiomas (entre os que está o galego) e que permite xerar rapidamente
unha tradución falada en até 3 dos 35 idiomas dispoñibles a través desta
ferramenta.