Meta presenta a súa tenda para avatares

luns, 20 de xuño do 2022 Marcus Fernández

Aínda que os avatares de Meta son conceptos destinados á realidade virtual, están a traballar en levalos a Facebook, Instagram e Messenger, e para potenciar a personalización das representacións tridimensionais virtuais dos usuarios veñen de anunciar a Meta Avatars Store, tenda virtual na que poderase adquirir roupa e accesorios para os nosos avatares, comezando por marcas como Balenciaga, Prada e Thom Browne.
Aínda que será posible personalizar a aparencia dos personaxes virtuais de balde, nas vindeiras semanas poderanse adquirir prendas dixitais de marcas de luxo, no que será unha experiencia moi interesante para coñecer como será a aceptación do público deste novo ámbito comercial virtual.

PUBLICIDADE