Mención especial a Código Cero na revista mensual de R

xoves, 13 de novembro do 2008 Raquel Noya

A revista número 98 do operador galego R, a correspondente a este mes de novembro, dedica unha reportaxe interior (páxinas 19 e 20) aos medios dixitais en liña galegos, os cales, segundo din, “superaron amplamente aos tradicionais, incluída a televisión”.
Ademais de citar outras webs galegas das que afirman “che permiten estar informado do que acontece en Galicia”, os responsables da publicación fan unha mención especial á nosa labor en Código Cero, tanto na versión en liña como en papel, asegurando que “é do máis interesante que hai na Rede no que respecta ás novas tecnoloxías da información e da comunicación, e ao ocio dixital: dende os últimos videoxogos ata os máis curiosos gadgets”.

PUBLICIDADE